A Misión Biolóxica de Galicia, centro do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) situado en Pontevedra, cumprirá en 2021 o seu primeiro centenario e, a dous anos da gran data, empezou a conta atrás para organizar un completo programa de actos que busca achegar o seu traballo e a súa historia á cidadanía.
A directora da Misión Biolóxica, Elena Cartea, indicou este mércores, con motivo dunha visita ao Concello de Pontevedra, que crearon un grupo de traballo moi inicial para definir os actos e que a idea é celebrar non soamente un acto oficial nas propias instalacións, senón tamén achegar á cidade o seu traballo a través de ciclos de conferencias e editando algún tipo de publicación que recolla a historia neses 100 anos e estea dispoñible para todo o público.
Ademais, non descartan realizar exhibicións e exposicións sobre os seus 100 anos de historia e tentará, con axuda da Alcaldía, "buscar algún tipo de edificio singular dentro de la ciudad" onde realizalas, pois"aunque estamos cerca, estamos lejos y otras veces que hemos intentado hacer otras jornadas de puertas abiertas hemos visto que es difícil acercar la gente hasta allí".
Cartea mantivo este mércores unha reunión co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e Antonio de Ron Pedreira con motivo da presentación formal deste como delegado do CSIC en Galicia. Todos comprometeron manter a colaboración que xa teñen na actualidade. "Teremos que ir traballando nesa liña conxuntamente porque nos interesa para toda a cidade", indicou Lores.
O alcalde trasladou a Cartea e De Ron "que a cidade está á súa disposición" e que lles gustaría "visibilizar máis a existencia dá Misión Biolóxica na cidade porque desgraciadamente non se coñece suficientemente" a pesar de que ten 70 traballadores directos e outros 30 prestando algún servizo e que son "un activo importantísimo para a cidade".
Antonio de Ron ofreceu a colaboración do CSIC en actividades de difusión e divulgación e a directora da Misión Biolóxica anunciou que nos anos 2020 e 2021 organizarán grandes congresos de proxección internacional e tentarán aproveitalos para que a cidade de Pontevedra coñeza que ten un centro de investigación público que pertence ao CSIC. "A pesar de los esfuerzos que estamos realizando en los últimos años de ser más visibles, todavía somos los grandes desconocidos de la ciudad", lamentou.