A mellora do acceso da AP-9 en Figueirido afectará ao tráfico durante todo setembro

Pontevedra
04 de setembro 2024

Ao longo o mes de setembro, as obras da autovía A-57 entre Vilaboa e A Ermida afectarán o acceso da AP-9 en Figueirido, que terá que cortarse ao tráfico de maneira puntual. Isto é debido a que as obras da A-57 inclúen tamén a remodelación desta ligazón

Traballos de asfaltado
Traballos de asfaltado /

Ao longo o mes de setembro, as obras da autovía A-57 entre Vilaboa e A Ermida afectarán o acceso da AP-9 en Figueirido, que terá que cortarse ao tráfico de maneira puntual.

Isto é debido a que as obras da A-57 inclúen tamén a remodelación desta ligazón.

Os operarios van proceder á extensión dunha capa de rodadura dos ramais da ligazón, a estrada N-550 e nova conexión da N-554. Ademais, haberá afectacións puntuais na N-550 para o tendido de cables eléctricos. Os traballos realizaranse en horario diúrno.

Conformen avancen os traballos de asfaltado, iranse cortando ao tráfico carrís en distintos tramos, mantendo sempre a circulación polo outro carril.

Os traballos desenvolveranse de luns a venres de oito da mañá a oito da tarde e os cortes inícianse este mesmo xoves, a partir das 07:00 horas.

Desde o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible destacan a importancia de respectar a sinalización provisional de obras e as limitacións de velocidade, que se irá adaptando á evolución das actuacións, para garantir a seguridade de traballadores e usuarios.

As afectacións que xera a construción da ligazón coa A-57 a este nó entran así na súa fase final. Todos os movementos da ligazón están abertos ao tráfico desde hai varias semanas.