A máscara volverá ser obrigatoria en exteriores pero con "excepciones"

Pontevedra
22 de decembro 2021

Tamén se recorrerá ao uso dos rastrexadores militares, intensificarase o proceso de vacinación con equipos das Forzas Armadas e emitiranse autorizacións temporais para permitir que as farmacias vendan determinados test de  antígenos de uso profesional para os cidadáns do común

Pedro Sánchez na Conferencia de Presidentes
Pedro Sánchez na Conferencia de Presidentes / Gobierno de España

A Conferencia de Presidentes celebrada este mércores de maneira telemática acordou que volva ser obrigatorio o uso da máscara en exteriores. A medida entrará en vigor o día 24 de decembro.

Nunha comparecencia de prensa, Pedro Sánchez admitiu que o decreto que obrigará ao uso da máscara en exteriores "contemplará excepciones" o "salvedades". Así, atendendo ás demandas autonómicas, non será necesario cando se practique deporte, cando se estea só no campo ou na praia, estar cun grupo convivente ou en situacións onde haxa unha distancia de seguridade de polo menos metro e medio con outra persoa non convivente.

Tamén se recorrerá ao uso dos rastrexadores militares, intensificarase o proceso de vacinación con equipos das Forzas Armadas e emitiranse autorizacións temporais para permitir que as farmacias vendan determinados test de antígenos de uso profesional para os cidadáns do común.

Rexeitouse a imposición de novas restricións, como reclamaba algunha comunidade como Cataluña e tampouco será necesario que as persoas que tivesen contacto directo cun contaxiado, de ómicron ou de calquera outra variante, realicen a corentena en caso de estar vacinadas con pauta completa.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, transmitiu unha mensaxe de calma e sinalou que "la variante ómicron se puede atacar con una dosis de refuerzo" e destacou que nesta sexta onda "no estamos como en 2020" porque "las vacunas funcionaron". A estratexia do Goberno, segundo Sánchez, é "ciencia y prevención, por tanto vacuna y mascarilla".

O Executivo anunciou na Conferencia a súa intención de contratar a persoal sanitario xubilado e prexubilado, así como a habilitación para contratar a profesionais con título de especialista obtido en Estados non membros da UE.

Ademais, poñerase en marcha o Plan de acción en Atención Primaria e Comunitaria, que irá destinado a aumentar o número de profesionais sanitarios dispoñibles e a mellorar as súas condicións laborais, ata reducir a temporalidade por baixo do 8%. Os Orzamentos Xerais do Estado destinarán para este plan 292 millóns de euros, a maior parte dos cales serán transferidos ás comunidades autónomas.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo propuxo estender a todos os ámbitos o certificado covid sinalando que "es curioso que te lo piden para ir a Portugal y en España no".

O presidente galego ha expresado as súas dúbidas cos cotillóns e outras celebracións do Nadal e propuxo a opción de organizar as Cabalgatas de Reyes "de forma estática".

Feijóo tamén reclamou unha lei de pandemias, expuxo a contratación de graduados en medicina para actuar como técnicos de saúde e a posibilidade de vacinar coa terceira dose a partir dos tres meses de recibir a segunda. 

Por último, mostrou a súa discrepancia co criterio de non impoñer unha corentena ás persoas vacinadas coa dobre dose tras un contacto estreito.