A máscara non será obrigatoria ao aire libre a partir do próximo sábado 26 de xuño

Pontevedra
18 de xuño 2021

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, explicou que o vindeiro xoves 24 de xuño celebrarase unha reunión extraordinaria do Consello de Ministros para adoptar esa decisión. En espazos ao aire libre a poboación quedará exenta de máscara, pero a condición de que se poida garantir que se respecta a distancia interpersoal

Persoas con máscara polas rúas de Pontevedra
Persoas con máscara polas rúas de Pontevedra / Mónica Patxot

A partir do sábado 26 de xuño as máscaras deixarán de ser obrigatorias ao aire libre en toda España. Así o anunciou este venres o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, durante unha intervención no Cercle dÈconomía en Barcelona na que celebrou que "este será el último fin de semana con mascarillas en los espacios al aire libre".

O mandatario explicou que o vindeiro xoves 24 de xuño celebrarase unha reunión extraordinaria do Consello de Ministros para adoptar esa decisión. 

Con este anuncio, Sánchez pon fin a semanas de incerteza sobre unha medida que se avanzou de fronte ao verán e que, en todo caso, adoptarase coa condición de que se respecte a distancia de seguridade.

Desta forma, en espazos ao aire libre a poboación quedará exenta de máscara, pero a condición de que se poida garantir que se respecta a distancia interpersoal.

En interior seguirá sendo obrigatoria, como ocorre desde hai xa 13 meses, poisa obrigatoriedade da protección facial acordouse para toda España en maio de 2020

REACCIÓNS

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva foi unha das primeiras autoridades en dar a "benvida" a esta decisión do Goberno de Pedro Sánchez, que considera que será "un aliciente" para favorecer a mobilidade turística pero tamén "para a cultura ou o deporte".

Carmela Silva lembrou que o uso da máscara "foi un dos instrumentos que permitiu deter os contaxios, pero certamente desexamos todas e todos poder non usala en espazos libres". Dito isto, a mandataria socialista fixo "un chamamento á responsabilidad individual. O virus segue aquí".