A Mancomunidade de Montes de Pontevedra súmase á oposición á futura A-57

Pontevedra
14 de maio 2014

A Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común do Concello de Pontevedra, ante a aparición da plataforma veciñal "Salvemos a Fracha", co obxectivo de paralizar a construción da autoestrada A-57, emitiu un comunicado co que quere mostrar o seu ⿿total apoio ás súas reivindicacións⿝

Montes de Verducido
Montes de Verducido

A Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común do Concello de Pontevedra, ante a aparición da plataforma veciñal "Salvemos a Fracha", co obxectivo de paralizar a construción da autoestrada A-57, emitiu un comunicado co que quere mostrar o seu ⿿total apoio ás súas reivindicacións⿝.

Este colectivo solicita aos membros das xuntas reitoras das comunidades de montes, pertencentes ou non a esta mancomunidade, dos municipios de Vilaboa, Pontevedra e Barro, a asistencia á reunión informativa que convoca a citada plataforma para o vindeiro venres día 16 ás 20:00 na Casa Cultural de Marcón.

A mancomunidade sostén que a construción desta autopista A-57 "parece pensada para Segovia ou calquera outra cidade castelá" e "ignora e despreza" a realidade rural dos concellos de Barro, Pontevedra e Vilaboa.

Na súa opinión, Curro, Verducido, Santa María de Xeve, San Andrés de Xeve, Mourente, Bora, Marcón, Tomeza, Bértola, Figueirido e Vilaboa verán as súas parroquias divididas en dúas, os seus recursos económicos e naturais seriamente danados, e as súas posibilidades de crecemento hipotecadas para sempre. Todo iso para construír unha autoestrada inútil e innecesaria, que nin dará servizo a estas parroquias nin aos habitantes do núcleo urbano de Pontevedra.

Arquivado en