A.M.A. analiza o presente e futuro das vacinas nun seminario web do máis alto nivel profesional

Pontevedra
09 de xullo 2021

A directora xeral adxunta de A.M.A.e responsable do Ramo de RCP, Raquel Murillo, constatou a existencia de "criterios dispares" na estratexia de vacinación e considerou necesario crear "criterios homogéneos basados en la evidencia científica"

Seminario web "Vacunas COVID: situación actual y escenario futuro"
Seminario web "Vacunas COVID: situación actual y escenario futuro" / A.M.A.

A directora xeral adxunta e responsable do Ramo de Responsabilidade Civil Profesional de A.M.A., Raquel Murillo, dirixiu con grande éxito o seminario web "Vacunas COVID: situación actual y escenario futuro" co obxectivo de analizar e debater a actualidade das vacinas e o plan de vacinación contra o coronavirus desde as perspectivas científica e xurídica.

Máis de 1.900 profesionais sanitarios inscribíronse á xornada, onde participaron relatores de prestixio como Juan José Badiola, director do centro de Encefalopatías e Enfermidades Transmisibles Emerxentes da Universidade de Zaragoza; Agustín Portela, xefe da área de Biotecnoloxía e Produtos Biolóxicos no Departamento de Medicamentos de Uso Humano da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios; e Federico de Montalvo, presidente do Comité de Bioética de España.

A directora adxunta de A.M.A. constatou na súa intervención a existencia de "criterios dispares" na estratexia de vacinación das diferentes comunidades autónomas e considerou necesario crear "sistemas de criterios homogéneos basados en la evidencia científica".

"El ciudadano -engadiu- está recibiendo información dispersa desde diferentes canales, en muchos casos contradictoria, que da lugar a una incertidumbre creciente", polo que demandou información "clara y rigurosa" sobre o proceso de vacinación.

Por todo iso, Raquel Murillo considera necesario "aumentar al máximo la capacidad de respuesta del mundo sanitario ante situaciones como la vivida" ademais de contar "con una legislación adecuada, que dé soporte a las decisiones que se tomen".

Juan José Badiola, como director do centro de Encefalopatías e Enfermidades Transmisibles Emerxentes da Universidade de Zaragoza, tratou a orixe do virus, que deu lugar a unha pandemia de "enormes proporciones, que ha supuesto un reto descomunal para la salud pública, todos los sistemas sanitarios, la economía, la sociedad en su conjunto y la credibilidad de muchos países que está en tela de juicio".

Agustín Portela, membro do grupo de traballo da Axencia Europea do Medicamento, defendeu que "se seguiu a mesma rigorosidade para o desenvolvemento das vacinas do  Covid que para calquera outra", a pesar do pouco tempo. "Aquí o que pasou é que os Gobernos financiaron moita investigación, deron diñeiro para facer os ensaios clínicos", o que permitiu actuar máis rápido.

Federico de Montalvo, como membro do grupo de expertos da Estratexia para a vacinación fronte á Covid-19, abordou os principais problemas bioéticos que se expuxeron durante a pandemia, en concreto no que se refire á priorización de recursos, primeiro cos respiradores e agora coas vacinas. Tamén defendeu o criterio de equidade para vacinar, en primeiro lugar, aos que teñen máis idade, máis o necesitan e máis sofren o virus.

A xornada finalizou cunha interesante quenda de preguntas e comentarios por parte dos profesionais sanitarios, que requiriron o criterio dos relatores sobre a vacinación dos máis novos, a posibilidade de contaxios postvacunación, a duración da inmunidade das vacinas ou a obrigatoriedade das mesmas.