A.M.A., a través da súa Fundación, doará un monumento en homenaxe aos profesionais sanitarios

Pontevedra
07 de maio 2020

Desde a mutua dos profesionais sanitarios manifestan que será un gran recordo a todas as profesións sanitarias e aos que se deixaron a súa vida na loita contra o Covid-19, a epidemia máis grave do último século

Obra de Jaume Plensa, o autor que realizará o monumento promovido pola Fundación A.M.A.
Obra de Jaume Plensa, o autor que realizará o monumento promovido pola Fundación A.M.A. / puffin11k en Flickr

A.M.A., a mutua dos profesionais sanitarios, a través da súa Fundación, doará un monumento escultórico, que será erixido en Madrid, en recoñecemento permanente aos profesionais sanitarios que loitaron contra o coronavirus. A iniciativa desta homenaxe foi impulsada polo presidente da Organización Médica Colexial (OMC), Serafín Romero, e secundada pola maioría dos Consellos profesionais sanitarios.

Será un gran recordo a todas as profesións sanitarias e aos que se deixaron a súa vida na loita contra o Covid-19, a epidemia máis grave do último século.

O presidente da Fundación A.M.A., Dr. Diego Murillo, contactou persoalmente nos últimos días cos presidentes dos Consellos profesionais sanitarios para manifestarlles que debe ser unha acción conxunta de todas as profesións sanitarias e ofrecerlles a total disposición da Fundación para doar este monumento histórico.

A obra conmemorativa, aínda pendente de emprazamento e do correspondente permiso de instalación por parte do Concello de Madrid, realizaraa o recoñecido artista Jaume  Plensa, autor entre outras moitas obras da cabeza de ‘Julia’, unha escultura branca de 12 metros de altura, que se exhibe desde hai dous anos na Praza de Colón de Madrid.