Este martes 25 de abril, Erguer convocou unha folga estudantil en Pontevedra, entre outras cidades de Galicia. O estudantado reivindicou un ensino accesible, público, en galego, feminista, inclusiva e democrática.
Este acto liderábano Marina Coego, estudante de Publicidade e Relacións Públicas e responsable da zona de Pontevedra; Anxo Lúa, alumno de Acondicionamento Físico e encargado da zona do Salnés, e Alicia Arruti, unha escolar de 4º de ESO.
O manifesto introduciuno Arruti e Anxo Lúa procedeu a expoñer os motivos desta folga. O primeiro fundamento que dá o responsable do Salnés é que a lei de educación LOMLOE está a favorecer aos centros privados ou concertados e que no se lle está dando importancia á lingua galega. Desde Erguer criticaron a nova selectividade, que desprestixia o traballo de profesorado e do alumnado, xerando unha gran presión. Lúa tamén trata a privatización encuberta das FP, que "responde aos intereses empresariais de contar con man de obra barata".
A parte da LOMCE, o alumno de Acondicionamento Físico, aborda que a LOSU permite a intromisión da empresa privada na educación pública, xa que se lle entragan as universidades a empresas e bancos, debido a que a Xunta non conta con infrafinanciación.
Un problema externo que aborda Lúa é a suba de prezos. O alumnado ten que tentar aproveitar as axudas da Xunta que tardan en recibir e que realmente "non dan para cubrir as nosas necesidades", comenta Anxo Lúa.
Marina Coego reivindica unha educación en "galego, pública e de calidade a través dunha Lei galega de educación". A representante de Erguer en Pontevedra reclama un ensino accesible para o alumnado a través da supresión de taxas, tarifas de probas de avaliación ou accedendo á oferta de libros de texto gratuítos, entre outras opcións. Coego fala dunha lei que aborde a educación en galego, xa que cada vez se están reducindo as horas de clases impartidas en galego fronte ás de castelán e comenta que "na universidade a situación aínda é máis dramática sendo o galego unha lingua residual".
Desde Erguer solicitan unha lei "en galego para Galiza", de forma que nos centros educativos se promulgue a historia e a cultura galega.
A representante en Pontevedra reivindica unha educación feminista e inclusiva na que "ningún centro poida segregar por cuestión de xénero", que se dean a coñecer referentes femininos, así como materias que traten a igualidade de xénero e que esta cuestión sexa un piar fundamental na educación.
Coego loita por unha educación democrática na que "unha lei galega de educación que lles outorgue aos Consellos de Goberno, aos Claustros Universitarios e aos Consellos Escolares máis competencias, e que neles se dea unha representatividade máis equitativa e efectiva do alumnado".
A relixión foi outro punto que se tratou, Coego comentou que a relixión "non está a achegarnos coñecemento para o noso futuro e cremos que non serve para nada", por iso desde Erguer solicitan un sistema educativo laico.