A corporación municipal do Concello da Lama aprobou por unanimidade solicitar á Deputación o cambio de titularidade da antiga ponte sobre o río Verdugo e a chaira adxacente ou espazo de dominio publico sobrante unha vez que se completen as obras de acondicionamento.
Así mesmo, o pleno da corporación tamén aprobou por unanimidade dos concelleiros que o compoñen a proposta realizada polo concelleiro de Cidadáns que solicitaba a creación dun plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais así como a revisión da política forestal actual.
Tamén se aprobou por unanimidade outra moción do PSdeG-PSOE mediante a cal se instaba ao goberno de España a impulsar medidas tendentes a conter e evitar o despoboamento dos municipios rurais en grave risco demográfico, entre eles A Lama.
Pola contra, foi rexeitada cos votos do goberno municipal do PPdeG a moción presentada polo grupo socialista no que se propoñía a reprobación da xestión realizada pola empresa Servizos Sociais á Comunidade, S. L. gañadora do concurso do Servizo de Axuda non Fogar (SAF) e que renunciou ao mesmo recentemente o que obrigou ao Concello a contratar de maneira urxente unha empresa substituta.