A Lama, seguinte parada dos cribados postos en marcha na área sanitaria

A Lama
06 de febreiro 2021

O centro de saúde do municipio será escenario dun cribado poboacional de covid o vindeiro luns 8 de febreiro, segundo avanza o Servizo Galego de  Saúde, Vaise convocar gradualmente e vía SMS telefónico á poboación de entre 15 e 40 anos de idade

Cribado en Poio para detectar asintomáticos
Cribado en Poio para detectar asintomáticos / Cristina Saiz

A área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés confirmou que o Concello da Lama será escenario dun cribado poboacional para a detección de covid o vindeiro luns 8 de febreiro.

Este cribado voluntario, con test rápidos de antíxenos, terá lugar no centro de saúde do municipio a partir das 15.30 horas da tarde, e el serán convocados gradualmente vía SMS telefónico, a poboación de entre 15 e 40 anos de idade,

Este colectivo é de ao redor de 450 persoas na localidade.

Para levar a cabo o cribado o centro de saúde contará con dous equipos de enfermería, que efectuarán tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización e procesado das tomas de mostras e información aos usuarios.

Segundo confirma o Servizo Galego de Saúde, os resultados negativos serán notificados mediante SMS, mentres que os positivos notificaranse contactando telefonicamente con cada persoa.