A Lama quere converterse nun auténtico sambódromo o 17 de febreiro

A Lama
19 de xaneiro 2018

O desfile central dos actos do Entroido da Lama celebrarase este ano o sábado 17 de febreiro a partir das 17.00 horas. Terminará cunha gran chocolatada e un baile amenizado por un conxunto musical  

Entroido da Lama
Entroido da Lama / Concello de A Lama

O Concello da Lama márcase como obxectivo este ano converter a localidade nun "auténtico sambódromo" durante o Entroido. Así o deu a coñecer este venres o alcalde, Jorge Canda, na presentación das festas, nas que xa formalizaron a súa inscrición sete comparsas

O desfile central dos actos do Entroido da Lama celebrarase este ano o sábado 17 de febreiro a partir das 17.00 horas. Terminará cunha gran chocolatada e un baile amenizado por un conxunto musical.

O obxectivo do alcalde é superar o éxito da pasada edición, a primeira tras a recuperación do desfile de Entroido, na que participaron máis dun milleiro de persoas disfrazadas e o público abarrotou por completo os lugares estratéxicos do percorrido.

As sete comparsas que xa confirmaron a presenza no desfile son Amoriños de Bora, 100 Tolos, Os Canecos, Os da Caña, As Flores do Entroido, Os Paparrulos e Os Solfamidas. Ademais, haberá carrozas, grupos e disfraces de parellas e individuais e se epera unha ampla representación infantil.

Os participantes no desfile dividiranse en dúas categorías: local e visitante. Inclúense entre os 'locais' todos os veciños da Lama, pero tamén de Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade e Fornelos de Montes. En cada unha desas categorías hai tres premios en cada unha nas modalidades de comparsa, grupo, individual, parella e agrupación infantil.

Todas aquelas persoas e grupos que queiran participar na edición deste ano poderán inscribirse de luns a venres, nas oficinas municipais, en horario de 9 a 14 horas, cubrindo un impreso normalizado facilitado para ese efecto antes do venres 16 de febreiro. O impreso pode descargarse desde a páxina web www.concellodalama.com e deberá ser presentado no Consistorio, a Biblioteca Municipal e/ou por fax (986 76 82 82).

Arquivado en