O Concello da Lama acaba de recibir unha axuda de 1.135,04 euros do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero e anuncia que vai realizar actividades de sensibilización e prevención da violencia de xénero entre o alumnado do colexio do municipio.
Estas actividades consistirán en obradoiros especialmente orientados a mellorar os estereotipos de xénero que desenvolverá o Centro de Información á Muller (CIM) e faranse en dúas quendas, unha o 10 de marzo coincidindo coa proximidade á celebración do Día Internacional da Muller o 8 de marzo, e outra no mes de maio xa enfocado ao respecto á diversidade e á identidade de xénero.
As dúas actividades estarán destinatarias ao alumnado de quinto e sexto de educación primaria.
Os fondos proceden do Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade (Secretaría de Estado de Igualdade) e o Concello destinaraos de forma íntegra a traballar co alumnado do CEIP da Lama en actividades teñan como finalidade o desenvolvemento das medidas do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero, en concreto, para a realización de campañas de sensibilización e prevención de calquera forma de violencia contra as mulleres.
Esta subvención permitirá aumentar as actividades que anualmente realiza o CIM da Lama no municipio destinadas a previr calquera forma de violencia de xénero e que teñen unha importante repercusión social no termo municipal.