Este domingo, o Concello da Lama celebraba as festas do Santo Cristo de Xende con diversos actos relixiosos. Durante a sesión matinal desenvolvíase o Santo Encontro cunha misa que finalizaba cunha procesión na que participaba a Banda de Música Popular de Rubiós.
Ao longo da tarde tiña lugar a procesión do Santo Cristo na contorna da igrexa de Xende. A este acto relixioso asistía o alcalde do municipio, Jorge Canda, acompañado de numerosos devotos.
Nesta ocasión ninguén foi como ofrecido nun ataúde nesta procesión, tal e como é tradicional nesta marcha relixiosa.