A case 84.000 euros ascendía a débeda municipal da Lama. Correspondíase ao diñeiro que quedaba por saldar dun crédito subscrito en 2012. Pero a boa saúde económica do Concello permitiu liquidar este préstamo por completo, logrando que o municipio pase a engrosar o selecto grupo dos concellos con "débeda cero".
Unha liquidez de tesourería de 562.721,99 euros xunto ao superávit orzamentario de 336.693,63 euros permitiu un informe positivo por parte de Intervención, o que permitiu que o goberno municipal levase ao pleno a decisión de liquidar esta débeda, apoiada por unanimidade da corporación.
Con esta decisión, A Lama poderá prescindir do plan de axuste ao que estaba obrigado por manter activo ese préstamo do ano 2012, que se subscribira por un importe inicial total de 250.346,52 euros.
O alcalde destacou a capacidade de xestión demostrada polo equipo de gobieron que "non só nos permite atender perfectamente os servizos que damandan os nosos veciños senón que somos quen de respostar a tódalas necesidades sin ter ningún quebranto económico".
Segundo Jorge Canda, "a boa xestión dos últimos anos nos leva a unha situación óptima de tesourería que nos permite agora saldar de xeito anticipado o crédito que tiñamos pendente deixando aínda así un remanente en caixa que ronda os 400.000 euros o cal nos permite afrontar con certa tranquilidade o futuro investidor do noso concello".