O alcalde da Lama, Jorge Canda, supervisou a marcha das obras de mellora da rede de distribución de augas de uso doméstico en Antas, Cotiño, Carreiras e A Porteliña e a primeira fase do ramal de rede de sumidoiros en Santa Ana que contan cun orzamento de 65.954,40 euros e cuxa financiamento corresponde ao Fondo de Compensación Ambiental que se tramita a través de Vicepresidencia da Xunta.
Estas obras forman parte das peticións veciñais realizadas ao alcalde, Jorge Canda, no transcurso dunha reunión habitual coa veciñanza de Antas para analizar as necesidades da parroquia onde lle expuxeron a necesidade de mellorar o abastecemento de auga potable nesta zona.
Con estas obras que se están executando dentro do prazo previsto, o Concello da Lama mellora tamén a subministración de auga aos veciños nun momento no que convén modernizar e optimizar a rede de abastecemento de auga debida á seca que afecta a toda Galicia.
Jorge Canda agradeceu a Vicepresidencia da Xunta o investimento duns 66.000 euros a través do Fondo de Compensación Ambiental e manifestou o seu desexo de seguir colaborando coa administración autonómica na mellora de infraestruturas e servizos.