A investigación do homicidio da casa okupa de Estribela destapa un roubo nunha xoiería en Portugal

Pontevedra
16 de novembro 2023

Cando a Policía Nacional de Pontevedra detivo a un home 47 anos como sospeitoso do crime, na súa vivenda atopou numerosas xoias procedentes da xoiería asaltada en Portugal. A partir de aí, púxose en marcha a operación conxunta coa Garda Civil e a GNR portuguesa

Un dos detidos polo atraco á xoiería
Un dos detidos polo atraco á xoiería

A investigación do crime dunha muller nunha casa okupa do barrio pontevedrés de Estribela o pasado mes de maio permitiu destapar un roubo con violencia e intimidación nunha xoiería da localidade portuguesa de Monçao.

A resolución do roubo de Portugal é resultado dunha investigación conxunta bautizada 'operación Canillos-Magro', do Grupo de Patrimonio da Unidade Orgánica de Policía Xudicial e Área de Investigación de Ponteareas da Garda Civil de Pontevedra, do Grupo 1 da Udev da Policía Nacional de Pontevedra e do Núcleo de Investigación Criminal do Comando Territorial da GNR de Valença de Minho (Portugal). Coordinárona a sección de Cooperación Internacional da Fiscalía de Pontevedra, un xulgado de Ponteareas e o Tribunal Xudicial de Monçao. 

Segundo fontes policiais, cando a Policía Nacional de Pontevedra detivo un home 47 anos como sospeitoso do crime de Estribela, na súa vivenda atopou numerosas xoias procedentes da xoiería asaltada en Portugal.

A partir de aí, púxose en marcha a operación conxunta, que tivo como resultado a detención de catro persoas e a citación como investigadas doutras catro pola comisión dos delitos de roubo con violencia e intimidación, lesións, tenencia ilícita de armas e receptación.

O roubo cometeuse o 15 de maio de 2023 e o crime de Estribela o día 22, sete días despois.

Nese atracou, catro persoas, intimidaron e golpearon á responsable da xoiería e levaron efectos valorados en máis 55.000 euros

Os investigadores lograron pescudar que os catro autores podían ser cidadáns españois, con domicilios en territorio nacional, e que estaban escondendo en España. O logo detido en Estribela foi un deses catro, que se atopa actualmente en prisión.

Máis tarde, os investigadores tamén localizaron en Ponteareas a 4 persoas veciñas da localidade pola comisión dun delito de receptación dos efectos procedentes do roubo na xoiería portuguesa, tras ser vendidas xoias e efectos dese ilícito en varios establecementos de compra venda de ouro da provincia. 

No domicilio dun dos detidos tamén se atopou un arma de fogo curta.