A Insua celebra a súa tradicional procesión dos fachos

Ponte Caldelas
19 de agosto 2018

A marcha, engalanada polas velas dos participantes, transcorre por un camiño con case medio cento de alfombras florais

Procesión dos fachos na Insua
Procesión dos fachos na Insua / Concello de Ponte Caldelas

A procesión dos fachos supuxo un ano máis o punto álxido, como cada penúltimo sábado de agosto, ás festas en honra a Virxe das Dores da parroquia da Insua, en Ponte Caldelas.

O acto, que mestura tradición e cultura, contou coa asistencia de centos de veciños.

A marcha, iluminada polos pequenos fachos e elas que portan os seus participantes e os que se colocan nos muros e nas casas, discorreu por encima das numerosas alfombras florais elaboradas para a ocasión e que se reparten polos camiños desde o atrio da igrexa ata a praza central da parroquia, onde se realizou a tradicional ofrenda.

A procesión saíu pasadas as 22:00 horas da noite e despois da ida polos camiños da Insua regresou pola estrada autonómica. O retorno á igrexa non se produciu ata ben preto da medianoite.