Seguen reducíndose os casos activos e os pacientes hospitalizados con covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. O balance diario do Servizo Galego de Saúde recolle 2.353 persoas infectadas, 39 menos que onte. Os novos contaxios foron 161.
Os ingresados nos tres hospitais da área sanitaria son 71, catro menos que este xoves, dos cales só un se atopa na unidade de coidados críticos de Montecelo.
A maiores, atendidos en planta hai outras 70 persoas. Hai 62 en Montecelo, seis no Hospital do Salnés e un no QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra.
O resto dos que contraeron o virus, outras 2.283 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e baixo supervisión médica, ao ser asintomáticos ou ter pouca sintomatoloxía.
Desde o inicio da pandemia 54.447 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, 203 nas últimas 24 horas, e rexistráronse 256 falecementos asociados ao virus.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 399.568, 302 nas últimas horas. A elas súmanse as 230.009 probas de antíxenos e outras 123.708 probas de detección da covid-19.
INCIDENCIA EN GALICIA
O número de casos de coronavirus en Galicia, pola súa banda, é de 22.395, 82 menos que o día anterior. Deles, 4.668 son da área da Coruña, 2.774 da de Lugo, 2.645 da de Ourense, 2.353 da de Pontevedra, 4.510 da de Vigo, 3.930 da de Santiago e 1.297 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 25 están en UCI, 461 en unidades de hospitalización e 21.909 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 468.679 persoas curadas, rexistrándose 3.090 falecementos.
Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 3.687.288 probas PCR, 4.061 nas últimas 24 horas. Os novos casos abertos desde onte, que inclúen os autodiagnósticos con antíxenos, foron 1.684.