Susana Fall, a estudante graduada na Esdemga, presentou a súa colección 'Etymon' na 71 edición Madrid Fashion Week (Ifema). O seu proxecto, que presentara como traballo fin de curso da titulación que se imparte en Belas Artes, foi un dos sete seleccionados para participar no Samsung Ego, unha plataforma de novos talentos do mundo da moda que se impulsa desde a pasarela madrileña.
Fall presentouse por primeira vez neste evento e mostrou unha versión ampliada dos deseños que xa desfilaran na pasarela pontevedresa Debut 2018. Trátase de pezas que se inspiran en Senegal, o país onde naceu o seu pai. Ao mesmo tempo, estas pezas ofrecen unha homenaxe á poboación emigrante, segundo publica o DUVI.
A Esdemga tamén estivo representada nesta edición pola graduada Miriam Cartagena, impulsora xunto a Marcos Covelo, alumno de doutoramento de Belas Artes, un dos 15 proxectos seleccionados para o showroom do Ego da Madrid Fashion Week, un espazo para a venda directa destinado a novos deseñadores.