A histórica xoguetería Chacón, actualmente baixo o nome de Chacón Juguettos, se muda 53 anos despois da súa apertura na rúa Daniel da Sota. Será despois da tempada alta de Nadal e o seu novo destino será a antiga sede de Zara Home na rúa Frei Xoán de Navarrete, na glorieta de Compostela.
Belén Chacón, responsable do establecemento, confirmou este xoves que o traslado será despois de Nadal, pois antes non lle daría tempo a realizar a mudanza. En todo caso, a decisión xa está tomada e este mesmo mércores asinaron o contrato de alugueiro para a nova localización.
Segundo explicou esta comerciante pontevedresa, o motivo deste traslado é o alugueiro do local, pois o de Frei Xoán de Navarrete, onde estivera o antigo Cinema Gonviz, ofrécelle un prezo máis axustado e, en xeral, unhas condicións máis vantaxosas para poder realizar obras ou modificacións do local, pois no actual de Daniel da Sota teñen máis restricións.
Chacón é un dos grandes referentes do sector da xoguetería en Pontevedra desde hai máis de 60 anos, pois antes do local actual de Daniel da Sota xa contaban cunha tenda en Cobián Roffignac desde 1961.
Á coñecida localización de Daniel da Sota mudáronse en 1969 e, desde entón, estaban de alugueiro, cun contrato que agora cambian nun contexto actual de inflacción xeneralizada que afecta os hábitos de consumo da poboación.
Os propietarios de Chacón Juguettos teñen na actualidade tamén tendas noutras localidades como Vigo e traballan co nome comercial de Juguettos, de alcance nacional.
O antigo local de Zara Home está baleiro desde o pasado mes de setembro, cando se trasladaron á rúa Benito Corbal. O baixo está na actualidade como antes do traslado da tenda de Inditex, pois a multinacional téxtil realizou obras nas últimas semanas para deixalo no seu estado