A goleta "Germania" que foi construída hai tres anos no estaleiro Factoría Naval de Marín atracou de novo no Porto para someterse a unha revisión.
Trátase dunha embarcación de 47 metros de eslora, réplica exacta da mítica goleta "Xermania" que gañaba todas as competicións europeas en 1908 e que fora deseñada polo enxeñeiro naval German Maz Oertz.
A súa réplica foi encargada por un multimillonario armador alemán a Factoría Naval e construíuse seguindo fielmente os planos orixinais e os métodos de traballo utilizados polo estaleiro Krupp Germania-Weftde de Kiel.