Con motivo da celebración da LXXI Festa do Albariño 2023 en Cambados, o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra desenvolveu un dispositivo especial.
Durante os cinco días que se mantivo este dispositivo, máis de 5000 vehículos foron controlados e identificados os seus condutores, dos cales máis de 200 foron denunciados ao detectar substancias psicotrópicas (alcol e/o drogas) no seu organismo, ademais 16 condutores serán investigados por vial penal, por delitos contra a seguridade viaria ao superar as taxas legalmente establecidas, enfrontándose a retiradas do permiso de conducir entre 1 e 4 anos, establecidas no Código penal.
Entre as diversas actuacións levadas a cabo no operativo, destaca un condutor cuxo vehículo se atopaba inmobilizado por superar as taxas de alcol legalmente establecidas, que foi interceptado instantes despois volvéndose a poñerse ao volante do mesmo, quebrantando a orde de inmobilización, e tendo que volver someterse á proba de alcoholemia, de tal maneira que ao dar positivo, foi denunciado por segunda vez no mesmo día por superar as taxas de alcoholemia, ademais da correspondente proposta de sanción por non obedecer a orde de inmobilización, enfrontándose a un total de 1700 euros de multa e a perda de 10 puntos do permiso de conducir por sumar dúas infraccións moi graves.
Desde o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra lembran a importancia de realizar unha condución segura, máxime neste tipo de eventos con gran afluencia de público onde se circula xunto con peóns e ciclistas, que forman parte do grupo dos máis vulnerables.