A Garda Civil investiga o roubo dun camión cargado de aceiro no polígono de Baión

O Salnés
30 de setembro 2024

O suceso tivo lugar ás sete da tarde do sábado, dúas persoas encapuchadas entraron no recinto valado da empresa Calmear e levaron, en apenas quince minutos, este camión que estaba cargado cunha torre de refrixeración de aceiro inoxidable

Unha axente da Garda Civil realizou unha manobra de RCP
Unha axente da Garda Civil realizou unha manobra de RCP /

A Garda Civil investiga o roubo dun camión-guindastre de tres eixos cargado de aceiro no polígono industrial de Baión, en Vilanova de Arousa.

O suceso tivo lugar ás sete da tarde do sábado, dúas persoas encapuchadas entraron no recinto valado da empresa Calmear e levaron, en apenas quince minutos, este camión que estaba cargado cunha torre de refrixeración de aceiro inoxidable.

Os empresarios afectados valoraron en máis de 400.000 euros o importe do subtraído.

O roubo quedou rexistrado polas cámaras de seguridade da empresa en cuxa gravación se pode ver como estes dous individuos saltan o muro, rompen o motor do portal para abrilo, desactivan a alarma e, a continuación, rompen o cristal da porta do camión e arrincan o vehículo.