A Garda Civil detivo un veciño de Meis, A.L.P., de 34 anos, como presunto autor dun delito contra a saúde pública, por tráfico de drogas.
Segundo informaron fontes oficiais do instituto armado, a detención produciuse durante a tarde deste luns no transcurso dun control de carácter preventivo que se estaba realizando na estrada PO-532 (Pontevedra-Ponte Caldelas), na rotonda de acceso ao polígono do Campiño, por efectivos da unidade de Seguridade Cidadá da compañía da Garda Civil de Pontevedra.
Esta persoa, que circulaba co seu vehículo cando foi interceptado no control, foi obxecto dun minucioso rexistro debido aos seus antecedentes policiais relacionados coas drogas.
No interior do vehículo incautáronselle dous envoltorios de plástico, un deles contiña 500 dose de cocaína e no outro 20 gramos de sustancia de corte. Valorando a cantidade de droga incautada e os antecedentes policiais do detido, o xulgado de instrución de garda de Pontevedra autorizou a entrada e rexistro no seu domicilio, onde se lle incautaron outras 2.200 doses de cocaína.
Con esta detención a Garda Civil considera que foi desarticulado un dos máis importantes puntos de venda de estupefacientes a pequena escala que se encargaba da distribución de cocaína nas zona de Arousa e Pontevedra.
O arrestado será posto durante as próximas horas a disposición da autoridade xudicial competente.