A Garda Civil detén dous veciños de Sanxenxo por dous atracos na praia de Silgar

Sanxenxo
04 de abril 2013

A Garda Civil detivo nas últimas horas dous mozos veciños de Sanxenxo, identificados como RMD e ETP, de 25 e 26 anos de idade, como presuntos autores de dous delitos de roubo con intimidación ocorridos na madrugada do pasado domingo día 31 de Marzo. Aos detidos, cónstanlles antecedentes policiais  

Vista da praia de Silgar, Sanxenxo
Vista da praia de Silgar, Sanxenxo

A Garda Civil detivo nas últimas horas dous mozos veciños de Sanxenxo, identificados como RMD e ETP, de 25 e 26 anos de idade, como presuntos autores de dous delitos de roubo con intimidación ocorridos na madrugada do pasado domingo día 31 de Marzo.

Os feitos víñanse investigando a raíz de senllas denuncias formuladas na Comandancia da Garda Civil de Pontevedra por dúas persoas que sobre as sete da mañá, foron abordadas polos supostos autores dos feitos. A primeira delas á saída da zona de lecer, no Porto Deportivo de Sanxenxo e a segunda vítima no paseo de Silgar onde foi acurralado contra un portal polos mesmos autores que o anterior, dous varóns, que tras ameazarlles de morte e de darlles unha malleira, subtraéronlles os teléfonos móbiles e pequenas cantidades de diñeiro en efectivo que portaban.

Á espera da devolución de tales teléfonos por parte dun dos detidos que se autoinculpa nos feitos, acórdase a súa posta en liberdade con obrigación de comparecencia ante o Xulgado de Instrución número 4 de Cambados a donde remítense as dilixencias instruídas.

Aos detidos, cónstanlles antecedentes policiais.