A Fundación Xoán XXIII e a Asociación Virxe da O reciben máis de 50.000 euros da Deputación

Pontevedra
06 de decembro 2023

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar destinar 52.500 euros a sete Centros Especiais de Emprego da provincia de Pontevedra durante o 2023

Actividades da Fundación Juan XXIII
Actividades da Fundación Juan XXIII / Fundación Juan XXIII Pontevedra

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar destinar 52.500 euros a sete Centros Especiais de Emprego da provincia de Pontevedra durante o 2023. 

Entre as entidades beneficiarias están a Fundación para a Discapacidade e Emprego Xoán XXIII e a Asociación de Discapacitados Intelectuais Virxe da O de Pontevedra que contan con 63 traballadores.

Ademáis destas dos entidades pontevedresas tamén recibiron axudas: BATA Servicios Integrales a la Comunidad de Vilagarcía, con 25 persoas traballadoras; LUME Emprego para Persoas con Discapacidade Intelectual de O Porriño, con 41; o Grupo SIFU Galicia SL de Vigo con 38 traballadores; San Jerónimo Emiliani SL da Guarda que conta con 17 persoas traballandoras e Juan María Empleo SL de Nigrán con 11.

Estes recursos, distribuídos en réxime de concorrencia competitiva, permitirán financiar custos de persoal das unidades de apoio á actividade destes centros.

Con estas axudas a Deputación de Pontevedra pretende contribuír á promoción e acceso das persoas con discapacidade ao emprego ordinario e na adopción de medidas favorecedoras da súa autonomía e inclusión. 

Ademais, as subvencións van en liña co impulso de entidades de Economía Social centradas na inclusión de colectivos vulnerables que cobren demandas sociais non satisfeitas polo mercado. De feito, os Centros Especiais de Emprego beneficiarios son elementos básicos integradores das persoas con discapacidade, que cumpren unha finalidade social e aseguran un emprego remunerado.