A Fundación Provincial Banco de Alimentos recibe unha furgoneta doada por ENCE

Pontevedra
14 de setembro 2017

A doazón materializada hoxe forma parte do convenio de colaboración da I convocatoria do Programa Marco de Responsabilidade Social Corporativa de Ence

Ence entrega unha furgoneta ao Banco de Alimentos
Ence entrega unha furgoneta ao Banco de Alimentos / Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo

O almacén que o Banco de Alimentos ten na cidade de Pontevedra, na rúa Faustino Santalices, foi escenario este mércores do acto de entrega dunha furgoneta doada pola empresa Ence.

A doazón materializada hoxe forma parte do convenio de colaboración da I convocatoria do Programa Marco de Responsabilidade Social Corporativa de Ence, concretamente, na categoría de Dotación de Equipamento para loitar contra a exclusión social.

Coa furgoneta "atenderemos mellor o noso labor e facilitaranos moitísimo o transporte de alimentos en condicións óptimas", recoñeceu Pedro Pereira, presidente da Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo

Ao acto acudiu tamén o director territorial de Ence, Antonio Casal, e o responsable da entidade benéfica en Pontevedra, José Luis Doval.

Dentro do convenio asinado pola Fundación Banco de Alimentos con Ence contémplase tamén a doazón dunha cámara frigorífica para o almacén pontevedrés.