A Fundación Juan XXIII inicia a posta a punto dos areais de Marín

Marín
10 de marzo 2021

A tempada estival comeza estar máis cerca e con ela a afluencia ás zonas de costa. As praias que bordean o litoral precisan, como todos os anos, dunha posta a punto e da realización de labores de mantemento que permitan que o seu estado sexa óptimo de cara á primavera e ao verán

Limpeza dos accesos ás praias de Marín
Limpeza dos accesos ás praias de Marín / Concello de Marín

A tempada estival comeza estar máis cerca e con ela a afluencia ás zonas de costa. As praias que bordean o litoral precisan, como todos os anos, dunha posta a punto e da realización de labores de mantemento que permitan que o seu estado sexa óptimo de cara á primavera e ao verán.

A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, informou este mércores de que xa se iniciaron estes traballos por parte dos operarios da Fundación Juan XXIII, que son os que se encargarán de acometer esta actuación, apostando pola inclusividade no emprego.

Actuarase en todas as praias do municipio (Portocelo, Mogor, Aguete, Loira, Ribeira, Santo, Coviña e na zona alta de Lapamán). A acción consistirá, sobre todo, no desbroce dos accesos e dos distintos sendeiros que colindan cos areais, así como o chorreo de elementos como muros, rampas, escaleiras, beirarrúas...

En todos os areais, ademais, realizarase unha limpeza xeral e, nas que é preciso, unha retirada de area dos espazos anexos.

Os traballos suporán unha inversión de cerca de 5.500 euros.