O Padroado da Fundación A.M.A., constituído por 17 prestixiosos profesionais do ámbito sanitario baixo a presidencia do Dr. Diego Murillo, aprobou o seu Plan de Actuación 2022, que se focaliza en tres grandes liñas de actuación: o apoio á formación dos futuros profesionais sanitarios, a divulgación e investigación científica e o apoio a organizacións sen ánimo de lucro en proxectos sociais e de axuda a persoas con enfermidades.
O obxectivo que persegue a Fundación, financiada exclusivamente por A.M.A. Grupo, é beneficiar ao colectivo dos profesionais sanitarios e aos máis desfavorecidos da sociedade.
En canto a formación de sanitarios, o Padroado aprobou financiar unha nova convocatoria de 124 bolsas de formación sanitaria especializada para os licenciados/graduados en Medicina, Farmacia, Enfermería, Psicoloxía, Química, Bioloxía, Física e Veterinaria.
A liña de axudas á divulgación e investigación científica servirá para financiar, entre outros proxectos, o desenvolvido por Oncomet para a investigación oncolóxica, a Real Academia de Ciencias Veterinarias de España e a organización do XXVIII Congreso Nacional Dereito Sanitario,que se vai a celebrar en outubro 2022.
O plan reforza tamén o capítulo de actividades de axuda aos que máis o necesitan, aprobando ata un total de 93 proxectos sociais, entre os que destacan os desenvolvidos por centros hospitalarios como o Hospital Nens de Barcelona para coidados paliativos en oncoloxía pediátrica; o Hospital Universitario La Paz, no seu programa con nenos transplantados; a Fundación Real Madrid, no seu proxecto de axuda e apoio a nenos ingresados en centros hospitalarios das Comunidades Autónomas de Madrid, Valencia e Galicia; e a Fundación Atlético de Madrid para o desenvolvemento dun programa de Voluntariado Social.
Como novas iniciativas que se inclúen no Plan de Actuación, destacan a colaboración con ELA Andalucía para terapias respiratorias domiciliarias para pacientes de Esclerose Lateral Amiotrófica; a Asociación PYFANO de pais, familiares e amigos de nenos oncolóxicos de Castela e León; ASDEGAL de Galicia para o programa de atención Psicosocial á Infancia e Adolescencia en Contextos Socialmente Vulnerables, e APADIS de Madrid, no seu apoio á persoa con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento para fomentar de maneira inclusiva a súa autonomía.
Por último, no noso afán de estar onde fai falta, desenvolveranse actuacións relacionadas coas últimas crises sanitarias, a pandemia pola Covid-19 e a Guerra en Ucraína.