Os mariñeiros da frota cefalopodera en Mauritania e representantes de CIG-Mar trasmitieron este mércores as súas demandas e a súa situación actual aos voceiros dos grupos políticos representados no Parlamento europeo. Foi durante unha reunión celebrada en Las Palmas de Gran Canaria e, segundo transcendeu, os afectados polo peche do caladoiro encontráronse reticencias entre os eurodeputados.
Durante máis de dúas horas, a delegación de empresarios, mariñeiros e sindicalistas centráronse en desmontar estas reticencias e buscar apoios para que os eurodeputados rexeiten o actual acordo con Mauritania e aproben outro que permita á frota cefalopodera española regresar ao caladoiro mauritano. O balance final foi moderadamente satisfactorio
Os cefalopoderos abordaron a problemática derivada da súa expulsión do caladoiro africano e as distintas posicións de cara ao debate do acordo na comisión de Pesca, que votará a renovación do convenio con Mauritania o próximo 29 de maio.
Representantes de CIG-Mar, encabezados por Xabier Aboi, sinalaron que os grupos políticos máis receptivos coa súa causa foron o Partido Nacionalista Vasco e o Grupo Socialista.