O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, avanzaba este venres que se retoma a programación de visitas prevista polo Concello de Pontevedra ao antigo convento de Santa Clara.
A primeira cita será a fin de semana do 21 e 22 de maio.
Tanto o sábado como o domingo, en horario ininterrompido de 11:00 a 19:00 horas as persoas que se acheguen ao convento poderán visitar a zona dos xardíns e o claustro.
Dado que serán dúas xornadas de portas abertas, non é necesario facer unha inscrición previa. Tan só achegarse a Santa Clara no horario indicado e seguir as indicacións do persoal que estará velando para que as visitas se realicen con total tranquilidade.