Nenos e nenas desde os 7 anos poderán participar na primeira Festa do Patín que se vai a celebrar en Pontevedra. Será no skate-praza de Raíña Vitoria.
Serán un total de dez xornadas distintas nas que se fomentará o deporte individual e a actividade física entre a mocidade pontevedresa, a través duns obradoiros impartidos pola escola de skate Urban Culture Factory.
Os obradoiros estarán adaptados segundo a asistencia e a idade do alumnado, con ata vinte sesións distintas, para iniciarse ou mellorar os trucos que poden ser realizados nun skate, fomentando unha curva de aprendizaxe divertida e individualizada para cada alumno.
As datas escollidas para as xornadas son 17, 18, 19, 21, 22, 24, 25, 26, 28 e 29 de xullo; cunha primeira quenda de 10.00 a 11.30 horas (para participantes de 7 a 12 anos) e unha segunda quenda de 12.00 a 13.30 horas (de 12 en diante).
Ademais, haberá unha quenda especial de tarde, de 17.00 a 18.30 horas os días 20, 21, 27 e 29 de xullo; sumando así ata 41 horas de formación.
Para a actividade de skate serán postos a disposición dos participantes oito skates de diferentes medidas para alcanzar todo tipo de usuarios, ademais dun equipo de protección que coidará e manterá seguros a todos os participantes.
Para gozar da Festa do Patín só será preciso achegarse ata o skate-praza no horario programado para os obradoiros.