A Festa do Lacón con Grelos en Cuntis celebrará o 25 aniversario nos tres primeiros días de marzo

Umia
11 de xaneiro 2024

Manuel Campos, alcalde de Cuntis, e os concelleiros Conchy Campos e José Antonio Fontán mantiveron un encontro con representantes do sector da hostalería para acordar as datas para este destacado evento gastronómico

Festa do Lacón con Grelos de Cuntis 2023
Festa do Lacón con Grelos de Cuntis 2023 / PontevedraViva

Cuntis quere ser o epicentro gastronómico, social e cultural de Galicia durante a primeira fin de semana de marzo. 

Desde o venres 1 ata o domingo 3 de marzo, a vila acollerá o 25 aniversario dunha cita culinaria destacada como é a Festa do Lacón con Grelos.

Manuel Campos, alcalde de Cuntis, e os concelleiros Conchy Campos e José Antonio Fontán mantiñan durante a tarde deste xoves un encontro con representantes do sector hostaleiro do municipio para establecer a data definitiva para a celebración do evento.

O goberno local espera un éxito de público, como xa vén sucedendo en anteriores edicións. Espéranse sorpresas e actuacións musicais, camelias, ademais de diversas actividades ao redor do prato tradicional, que se farán públicas coa presentación do programa festivo.

Como aperitivo, os días 23, 24 e 25 de febreiro desenvolverase unha nova edición do TapaLacón, que servirá tamén para despedir os actos do Entroido.

Arquivado en