A Festa do Jato de Portonovo quere presentarse no Culturgal

Sanxenxo
16 de novembro 2022

A Concellería de Cultura do Concello de Poio, dirixida por Paz Lago, formalizou este martes ante a Deputación de Pontevedra a proposta de Sanxenxo para participar no Culturgal co proxecto da Festa do Jato da man da asociación Rúa dos Viños de Portonovo. A cita enmárcase dentro das actividades programadas para o Entroido, celebrándose sempre o segundo sábado despois do Mércores de Cinza

Festa do Jato de Portonovo
Festa do Jato de Portonovo / Concello de Sanxenxo

A Concellería de Cultura do Concello de Sanxenxo, dirixida por Paz Lago, formalizou este martes ante a Deputación de Pontevedra a proposta de Sanxenxo para participar no Culturgal co proxecto da Festa do Jato da man da asociación Rúa dos Viños de Portonovo. A cita enmárcase dentro das actividades programadas para o Entroido, celebrándose sempre o segundo sábado despois do Mércores de Cinza.

A Festa do Jato xurde cun grupo de amigos que se xuntaban para unha comida anual aproveitando a celebración do Día Internacional do Gato, tomando como referencia esta data porque históricamente aos habitantes de Portonovo se lles conoce co alcume de jatos e jatas.

No 2015, este grupo de amigos xunto cos donos dalgúns dos locais da zona de viños decidiron levar esta celebración á rúa e convidar aos seus veciños a participar nunha xornada de festa disfrazados de gatos. Ano tras ano foi aumentando a participación tanto dos locais coma dos veciños convertíndose nunha festa máis do pobo á que tamén acude xente doutras vilas e convertíndose nun referente dentro das celebracións do Concello de Sanxenxo.

Esta festa comeza sempre cunha carreira de "ghatiños detrás do rato" na que os nenos disfrazados de gato corren detrás dun rato pola Rúa dos Viños tentando darlle caza. Ao remate desta actividade entrégaselles unha medalla a cada participante e unha bebida. A continuación, dá comezo a batucada durante todo o día e polas distintas rúas mentras os locais da Asociación Rúa dos Viños reparten churrasco entre os seus clientes con cada consumición.

Tamén hai animación infantil con pintacaras e obradoiros para que a diversión e a festa englobe a toda a familia. Hai concurso de disfraces en categoría adultos e categoría infantil. Cada ano veñen un convidados especiais como Brais Doval, Isi, Baia Fernández, Pepo Suevos, Marcos Pereiro... que axudan na promoción da cita.

 

Arquivado en