A Festa da Ameixa nunca falla

Poio
15 de setembro 2018

Gastronomía e música únense durante a fin de semana na Praza da Granxa de Campelo, escenario da edición número 31 da Festa da Ameixa

XXXI Festa da Ameixa de Campelo
XXXI Festa da Ameixa de Campelo / Diego Torrado

Gastronomía e música, unha aposta gañadora. Campelo acolle durante a fin de semana a que é a XXXI edición da Festa da Ameixa, todo un clásico que non defrauda ano tras ano.

Ata 570 quilos de ameixa babosa da ría de Pontevedra puxéronse a disposición dos visitantes na carpa instalada na Praza da Granxa para as dúas xornadas de degustación, de sábado e domingo.

Racións de ameixas con arroz, con fideos ou á mariñeira que non deixaron indiferente a ninguén.

Con todo a gastronómica era só unha parte da festa, xa que este ano a cita contaba co acompañamento musical de Treixadura na noite do venres, Andy & Lucas o sábado e a verbena do grupo  Claxxon o domingo.

Todo iso sen esquecer a tradicional homenaxe ás mariscadoras das tres confrarías da ría xubiladas ao longo do último ano.