A Festa da Ameixa, que este ano celebrará a súa XXVIII edición quedou aprazada ata o vindeiro mes de setembro.
O evento gastronómico, que terá lugar os días 19 e 20 de setembro tivo que ser aprazado ó prolongarse o peche da ría de Pontevedra ó marisqueo durante 25 días.
A Concellaría de Turismo, despois de barallar diferentes datas para a celebración do evento, acordou aprazalo ata esa nova data, tendo en conta o que supón a reorganización dun evento destas características, o ter que contar coa dispoñibilidade dos grupos musicais contratados, así como dos recursos materiais e humanos necesarios para a posta en marcha dunha cita gastronómica destas características.
Nese sentido, dende o goberno local sinalan que as novas datas escollidas "semellan unha boa alternativa o ser aínda setembro un mes con un elevado volume de turistas no municipio".
Dende a Concellaría de Turismo confian en que a nova apertura da ría ó marisqueo poida ter continuidade no tempo e que a Festa da Ameixa poida seguir contando co produto local como protagonista dunha das celebracións culinarias máis antigas e importantes do municipio.