A Feira Franca xa está en camiño: os nenos aprenden sobre a alquimia

Pontevedra
24 de agosto 2015

O Centro de Interpretación das Torres Arzobispais (CITA) está a achegar a realidade da Feira Franca aos nenos pontevedreses. Os pequenos de 6 a 12 anos son os protagonistas dos obradoiros infantís que se realizan as mañás dos luns e martes. Os que comezaron este luns 24 están a coñecer que é a Feira Franca e detalles da 'Alquimia na vida cotiá'

Obradoiro  infantil da Feira Franca 'A alquimia na vida cotiá'
Obradoiro infantil da Feira Franca 'A alquimia na vida cotiá' / Mónica Patxot

A Feira Franca está xa en camiño e, para quentar motores, o Centro de Interpretación das Torres Arzobispais (CITA) está a achegar a realidade desta celebración aos nenos pontevedreses. Os pequenos de 6 a 12 anos son os protagonistas dos obradoiros infantís que se realizan as mañás dos luns e martes.

Os obradoiros, que se celebran entre as 10.00 e as 12.00 horas, forman parte dos eventos previos á Feira Franca e abordan un mesmo tema xenérico, pero dende distintos aspectos. Trátase da alquimia, temática elixida para a edición 2015 da festa e sobre a que os nenos teñen a oportunidade de coñecer detalles sobre esta antiga práctica que estaba en voga na Idade Media.

Os nenos que comezaron os obradoiros este luns 24 están a coñecer que é a Feira Franca e detalles da 'Alquimia na vida cotiá' e a semana pasada os rapaces inscritos na actividad divulgativa xa tiveron a oportunidade de meterse de cheo na proposta 'Ti, un gran alquimista'. 'Xogando coa alquimia' será a terceira e última proposta, que chegará ao CITA o 31 de agosto e o 1 de setembro.

Arquivado en