A Feira Franca acollerá 265 'xantares e ceas' de particulares

28 de agosto 2013

Pontevedra inicia o seu particular viaxe ao século XV que culminará no fin de semana do 6 e 7 de setembro coa celebración da Feira Franca dedicada nesta XIV edición aos inventos da época. A concelleira responsable de festas, Carme da Silva, explicou que a organización xa está a traballar para o bo funcionamento de todos os protocolos e dispositivos de seguridade, e tamén se iniciaron os traballos de ambientación e decoración da cidade

Preparativos para a Feira Franca
Preparativos para a Feira Franca / Diego Torrado

Pontevedra inicia o seu particular viaxe ao século XV que culminará no fin de semana do 6 e 7 de setembro coa celebración da Feira Franca dedicada nesta XIV edición aos inventos da época. A concelleira responsable de festas, Carme da Silva, explicou que a organización xa está a traballar para o bo funcionamento de todos os protocolos e dispositivos de seguridade, e tamén se iniciaron os traballos de ambientación e decoración da cidade, entre outras moitas cousas.

Carme da Silva destacou que esta edición será singular tras a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia.

A Feira Franca acollerá a un total de 265 espazos reservados para particulares destinados a comidas e ceas, son quince máis que o pasado ano. E haberá outros 130 de estableciminetos hostaleiros "o que supón que preto do cen por cento da hostalaría participa nesta festa". Ademais haberá 67 postos no mercado, distribuídos entre 40 de alimentación e 27 de artesanía "o que tamén supón un incremento respecto á edición anterior".

En canto ao programa apenas rexistra variacións respecto a anteriores convocatorias debido ao éxito obtido que converten á cidade do Lérez nun importante reclamo turístico e un revulsivo para o comercio e a hostalaría local.

Carme da Silva fixo especial énfase no espectáculo Luz dos enxeños a cargo das compañías Kull d´Sak e Troula, especialmente deseñado para a noite do venres a Praza da Ferrería.

O programa arrancará o venres 6 ás 19 horas cos pregoeiros a cabalo anunciado por todo o centro histórico o comezo da festa. Na praza do Teucro haberá bailes medievais a cargo da Asociación Dúos Pontes e en Santa María La Mayor actuación de Antiqua e Ultreia.

Na xornada do sábado, a Feira Franca abrirá ás 11.30 horas coa recreación do mercado medieval na avenida de Santa María e a mostra de oficios na Ferrería. Ás 12 horas terá lugar a representación do transporte do viño dende Santa Clara. A comitiva de mercadores, labregos e arrieiros discorrerá cos carros polas rúas Sarmiento, Pasantería e paseo de Odriozola para rematar na Peregrina.

Ao longo do día haberá exhibicións de cetraría e tiro con arco na avenida de Montero Ríos, esgrima na Ferrería e os dous tradicionais torneos na praza de touros con entrada gratuíta ata completar o aforo.

A Feira Franca recorda o privilexio concedido a Pontevedra por rei Enrique IV no ano 1467, polo que se autorizaba a celebración dun mercado libre de impostos dun mes de duración, quince días antes e quince días despois do 24 de agosto, festividade de San Bartolomé.

Os historiadores sinalan que aquelas concesión coincidiu co inicio dun período de puxanza económica da cidade que se prolongou ata as décadas finais do século XVI.

Arquivado en