Pontevedra volveu realizar unha viaxe no tempo de seis séculos. Este sábado, alá onde se fose, todo lembraba á cidade do século XV á que o rei Henrique VI concedeu o privilexio dun mercado libre de impostos dun mes. A pesar de que por momentos, durante a tarde, a choiva fixo acto de presenza, a poboación botouse ás rúas. Iso si, a participación foi, durante todo o día, inferior á de anos anteriores.
Pontevedreses e visitantes volveron vestirse de época de forma masiva, aínda que este ano houbo máis asistentes vestidos acorde ao século XXI e menos con roupaxes medievais que en anos anteriores.
Moitas guerreiras e guerreiros, unha ampla variedade de mesoneiras e taberneiros, comerciantes de distintos gremios, damas, cabaleiros, nobres, campesiños e campesiñas tomaron as rúas e prazas do centro histórico.
Actuacións de música medieval; pasacalles; recreacións; actividades como tiro con arco, danza cetrería ou esgrima contribuíron a esa viaxe no tempo que cada ano gaña máis adeptos e inclúe actividades para todos os públicos.
Consulta aquí as completas galerías de fotos de Cristina Saiz para PontevedraViva.