A Concellaría de Festas anuncia que a Feira de artesanía e deseño "Chalana" amplía até o 7 de agosto a súa estancia no Paseo Odriozola. O peche estaba previsto para este domingo, 4 de agosto, pero ampliarase até o vindeiro mércores.
Os horarios de apertura ao público segue sendo de 11 a 14 horas e de 19 e 23 horas.
Por outro lado, a Concellaría de Festas informa de que o Concello puxo en marcha un sistema de información festiva no teléfono 986 84 19 23, co ánimo de que persoas que necesiten deste servizo teñan maior accesibilidade ao programa de festas.
A Concellaría de Festas lembra que este venres, 2 de agosto retómase o Festixeve 2013 no Campo de Vilar de Fragoso de Santo André de Xeve.
As actuacións previstas a partir das 22.30 horas son as de La Tuna Rastafari, DJ Nonito Mondosonoro e Pandeiromus.