A Feira da Ciencia chegará o 13 de maio a Arcade con moitas novidades

Soutomaior
13 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

O vindeiro mércores 17 de abril e ata o luns 6 de maio estará aberto o prazo de inscrición para expoñer proxectos na Feira de Ciencia que farase o luns 13 de maio en Talo Río

Alumnado do centro Padín Truiteiro nunha actividade de Divulgaciencia
Alumnado do centro Padín Truiteiro nunha actividade de Divulgaciencia / Concello de Soutomaior

O Concello de Soutomaior avanzou que desde o vindeiro mércores 17 de abril e ata o luns 6 de maio estará aberto o prazo de inscrición para expoñer proxectos na Feira de Ciencia que de levará a cabo o luns 13 de maio en Talo Río (Arcade) durante todo o día. 

Esta terceira edición da Feira de Ciencia de Soutomaior é a actividade principal do programa Divulgaciencia e este ano conta coa novidade de que poderán expoñer proxectos nela o alumnado de 5º e 6º de primaria, ademais do alumnado de secundaria e bacharelato. A participación na Feira está aberta a todos os centros educativos, tendo preferencia os de Soutomaior. As inscricións dos proxectos realízanse en liña a través da web www.soutomaior.gal  e son de balde.

A terceira edición deste programa Divulgaciencia, organizada polo concello de Soutomaior coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) iniciouse no mes de febreiro coa xornada xuvenil na que o alumnado do IES Soutomaior e do Santiago Apostol tiveron ocasión de falar da etapa da adolescencia desde unha perspectiva científica para poder comprender mellor os cambios que se viven nesta etapa.

Máis tamén participaron nos roteiros científicos que se desenvolveron en abril en dúas sesións cada un dirixidas ao alumnado do CEIP Manuel Padín Truiteiro (90 persoas), IES Soutomaior (107 persoas) e Santiago Apóstol ( 100 persoas) durante as cales o alumnado experimentou e aprendeu coa axuda dos avances científicos sobre o mundo mariño (as correntes, a vida entre as augas, os métodos de produción, as aves e as ostras), unha actividade que contribuír a que o alumnado coñeza e valore os recursos do seu territorio.

O programa continúa nestes meses nos centros escolares nos que o alumnado vai a participar en obradoiros STEAM nos que traballará aplicando o método científico sobre moitos termos, por exemplo, obradoiros como: Comes con Ciencia, Intelixencia Artificial, Arte UV, arte polímeros e NFC, Deseño de Apps, Reto Aterraxe con telemetría, entre outros.

As modalidade de "Investigación científica en Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato" nas que se pode participar pretenden fomentar as vocacións científicas e o espírito emprendedor mediante unha metodoloxía que reforza a autonomía e o traballo en equipo do alumnado que participa na feira para colaborar e compartir con outras persoas ideas e valores que constrúen un mundo mellor desde a sensibilidade, o respecto a tolerancia e a ciencia.

Na Feira ademais de participar o alumnado expoñendo os seus proxectos tamén haberá moitas actividades complementarias para fomentar a divulgación cidadá e poderán participar nas visitas,nos obradoiros e no espectáculo científico persoas de todas as idades.