A Federación Galega de Círculos e Casinos celebrou a súa romaría no Mercantil

Pontevedra
09 de xuño 2015

Nas instalacións deportivas do Casino Mercantil xuntáronse durante o domingo 7 preto de 200 persoas relacionadas con estas sociedades en Galicia

Romaría da Federación Galega de Círculos e Casinos
Romaría da Federación Galega de Círculos e Casinos / Casino Mercantil de Pontevedra

O Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra, nas instalacións de Mourente, acolleu durante o domingo 7 a romaxe da Federación Galega de Circulos e Casinos no que se reuniu unha gran parte das Sociedades da Comunidade Autónoma.

Duascentas persoas realizaron unha visita turística polo centro histórico de Pontevedra e unha misa na Igrexa da Peregrina para, a continuación, gozar dunha comida de confraternidade amenizada polos grupos "Trazantes de Tenorio", "Coral Bela Helenes Mercantil Pontevedra", "os Antonis" e a parella de baile formada por Adrián Esperón e Patricia Martínez, campións de España de Baile deportivo.

Esta celebración realízase cada ano nun lugar diferente de Galicia.