A Federación de Veciños Teucro propón que a festa HQR leve o Cidade de Pontevedra

Pontevedra
02 de xaneiro 2016

O seu presidente, Miguel Anxo Vilacoba García, presentou por escrito a súa candidatura argumentando como motivos que ao longo dos anos que se leva celebrando se converteu "na mellor festa do deporte base en Galicia"

Entrega dos premios Cidade de Pontevedra a Jaime Dios e o Cine Club
Entrega dos premios Cidade de Pontevedra a Jaime Dios e o Cine Club / Mónica Patxot

Federación de Asociación de Veciños Teucro de Pontevedra realizou unha nova proposta para os premios Cidade de Pontevedra 2016. Propón que se lle conceda este ano á festa HQR!, organizada polo xornal Diario de Pontevedra

O seu presidente, Miguel Anxo Vilacoba García, presentou por escrito a súa candidatura argumentando como motivos que ao longo dos anos que se leva celebrando se converteu "na mellor festa do deporte base en Galicia".

A federación lembra que a principal finalidade desta festa é promover a práctica do deporte e aspectos como o compañeirismo, a diversión e a solidariedade, todo por diante da competitividade e o resultado deportivo, que se completa ademáis co Premio HQR!-Almansa para recoñecer a persoa, persoas ou entidade deportiva que contribúe de maneira desinteresada ao deporte base.

A  festa HQR! empezou a organizarse no ano 2000 e conta anualmente coa participación da práctica totalidade dos clubes da comarca e con entidades procedentes de moitos puntos da xeografía galega.