Os familiares de Sonia Iglesias convocaron unha manifestación para o próximo martes 18 de agosto, cando se cumpren cinco anos da desaparición da pontevedresa.
O caso Sonia Iglesias foi arquivado de xeito provisional o pasado mes de abril sen que a investigación ofrecese un só avance.
Aínda que co tempo se foron apagando as esperanzas a súa familia resístese a que se esqueza este caso, especialmente as forzas da orde e a xustiza.
"No nos vamos a rendir", asegurou Mari Carmen Iglesias, irmá de Sonia e voceira da familia.