A familia de Diana Quer dispara a petición de firmas promovida polo caso do parricida de Moraña

Pontevedra
10 de xaneiro 2018

A campaña de petición de firmas iniciada o pasado mes de xullo por Rocío Viéitez recibiu nos últimos días un impulso clave para lograr o seu obxectivo. A semana pasada tiña unhas 6.000 firmas e este martes acumula xa máis de 200.000. A irmá menor da moza, Valeria, é especialmente insistente nas redes sociais 

David Oubel, o parricida de Moraña, na Audiencia de Pontevedra
David Oubel, o parricida de Moraña, na Audiencia de Pontevedra / Mónica Patxot

A campaña de petición de firmas iniciada o pasado mes de xullo por Rocío Viéitez, nai de Amaia e Candela, as nenas de 4 e 9 anos asasinadas polo seu pai cunha serra radial eléctrica na súa casa de Moraña, recibiu nos últimos días un impulso clave para lograr o seu obxectivo. Apóiana os pais e a irmá de Diana Quer e, tras iso, as firmas creceron de forma exponencial

A petición de firmas, realizada a través da plataforma Change.org, iniciouse para pedir que non se derrogue a pena de prisión permanente revisable recollida no Código Penal, da que o seu ex marido, David Oubel Renedo, é o único condenado en España nestes momentos, nunha sentenza ditada pola Audiencia Provincial de Pontevedra.. 

Tras o dramático desenlace do caso de Diana Quer, Rocío Vieitez realizou unhas declaracións ao xornal El Mundo nas que lembraba que"soy víctima y puede creerse que peco de venganza pero no es así" e reiteraba que "pido cumplimiento de condena, creo en la reinserción y no apoyo la pena de muerte, nadie tiene derecho a sacar una vida, sea por el motivo que sea". 

Antes desa entrevista, tiña en Change.org unhas 6.000 firmas e este martes acumula xa máis de 200.000. O impulso logrouno despois de que, primeiro os pais, e logo a irmá de Diana Quer pedisen firmas para esa mesma causa. A irmá menor da moza de Madrid, Valeria, está a ser nos últimos días especialmente insistente nas redes sociais. 

A campaña de Rocío Vieitez pretende que o Congreso dos Deputados mateña a prisión permanente revisable no Código Penal. O 4 de outubro de 2016 unha maioría absoluta da Cámara deu o seu apoio a unha iniciativa do PNV que pide ao Goberno derrogar a prisión permanente revisable, introducida na última reforma do Código penal. 

"Una persona que comete un delito de esta índole, ¿qué otra pena merece?", pregúntase Rocío Vieitez na petición iniciada o martes 18 de xullo. José Enrique Abuín, 'El Chicle', presunto autor da morte de Diana Quer, podería enfrontarse a unha petición de prisión permanente se o acusan formalmente dos delitos polos que na actualidade está en prisión provisional comunicada e sen fianza, homicidio/asasinato, contra a liberdade sexual e detención ilegal.

Arquivado en