A falta de cuórum impide tratar a funcionarización do persoal laboral do Concello

Pontevedra
11 de abril 2022

Á cita só acudiu un representante da CIG e a concelleira de  Persoal, CarmenFouces (BNG), que volverá convocar aos sindicatos a unha nova reunión despois de Semana Santa. A recualificación dos postos de traballo debe estar aprobada antes do 31 de maio

Carme Fouces, concelleira de Persoal
Carme Fouces, concelleira de Persoal / Mónica Patxot

falta de quorum impediu este luns que o Concello de Pontevedra reunise a Mesa Xeral de Negociación no Teatro Principal na que se ía tratar o proceso de recalificación das prazas do persoal laboral fixo e indefinido do Concello. Esta é o Mesa número 18 sen asistencia dos representantes sindicais, recalcan desde o goberno local.

A concelleira de Persoal, Carmen Fouces, explicou que soamente asistiu o sindicato CIG que, de xeito informal, puxo sobre a mesa algunhas suxestións para o proceso e que presentará en Rexistro Municipal nos vindeiros dous días. Ao mesmo tempo, o departamento de Persoal deu por recibido un escrito de UGT que tamén facía apreciacións para este proceso.

Carmen Fouces indicou que volverá a convocar unha nova Mesa despois de Semana Santa, “e agardo que desta vez sexa unha data acaída para que poidan vir todos os sindicatos”. Para aquela estarán redactados os informes necesarios para a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) “porque a recalificación das prazas ten que estar realizada antes do 31 de maio” segundo recolle a lei.

O Concello de Pontevedra dispón 17 postos de persoal laboral fixo e 21 de persoal indefinido. O propósito deste proceso é dar estabilidade a este persoal que, en moitos casos, vén realizando as súas funcións dende hai anos.