A falta de acordo entre administracións condiciona os prazos da variante de Alba

Pontevedra
24 de setembro 2018

"Que hay hacer la variante claro que si, pero hubo bastantes opiniones y variaciones sobre lo que había que hacer" asegurou Rueda. "Cuando podamos dar la fecha concreta lo haremos", agregou. 

Peregrino polo Camiño portugués ao seu paso por Alba
Peregrino polo Camiño portugués ao seu paso por Alba / Fundación Amigos Camiño Portugues

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, explicou que o inicio das obras de construción da variante de Alba está condicionada pola falta de acordo entre administracións, neste caso Xunta e Concello de Pontevedra.

"A ver si somos capaces de poner de acuerdo al ayuntamiento también y de tirar para delante", dixo este domingo o número dous do goberno galego tras percorrer o tramo pontevedrés do Camiño de Santiago que pasa por este punto negro na seguridade viaria da ruta xacobea.

"Que hay hacer la variante, claro que si, pero hubo bastantes opiniones y variaciones sobre lo que había que hacer" asegurou Rueda. "Cuando podamos dar la fecha concreta lo haremos", agregou.

O vicepresidente indicou que será a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, quen dea "datos claros de la fecha de finalización y de las diferentes etapas de esta obra".

Arquivado en