A exposición pública os 17 quilómetros de liña de alta tensión do parque eólico Os Cotos

Pontevedra
28 de agosto 2023

O trazado atravesa os municipios de Cerdedo-Cotobade, Ponte Caldelas e Pontevedra. A empresa solicitante do permiso é Tiraventos, S.L. que informa que o orzamento de execución é de 1,6 millóns de euros.

Torreta de alta tensión
Torreta de alta tensión / Juan Mejuto

O Diario Oficial de Galicia anuncia a resolución da Consellería de Economía, Industria e Innovación somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a solicitude de autorización administrativa previa e de construción da liña de evacuación do parque eólico Os Cotos á subestación de Ponte Sampaio. 

Esta liña de alta tensión ten unha lonxitude total de case 17 quilómetros, dos cales 14 discorren en tendido aéreo, xa que só hai tramos subterráneos ao principio e ao final. 

O trazado atravesa os municipios de Cerdedo-Cotobade, Ponte Caldelas e Pontevedra. 

A empresa solicitante do permiso é Tiraventos, S.L. que informa que o orzamento de execución é de 1,6 millóns de euros. 

O prazo para presentar alegacións é de trinta días.