A Comisión Permanente de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (CIAIM) deu por finalizadas os labores de inspección do pecio do Villa de Pitanxo "unha vez alcanzados todos os obxectivos".
Os restos do pesqueiro galego, segundo explica nun comunicado este órgano dependente do Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, atopábanse "na zona onde todos os indicios permitían supoñer que estaba".
O buque Ártabro localizou o pecio o pasado sábado "moi preto" da localización onde o sistema de identificación automática (AIS) do buque emitiu os seus últimos sinais o día do naufraxio, o 15 de febreiro de 2022.
As filmacións obtidas nesta expedición, que foron gravadas por dous robots submarinos, incorporaranse ao expediente de investigación da CIAIM e se examinarán para "telas en conta", subliña este organismo, nas conclusións do informe sobre o accidente.
Este informe, subliñan desde esta comisión, publicarase "canto antes".
O Ártabro, propiedade da navieira viguesa ACSM Shipping, contratada polo Ministerio de Transportes para esta misión, navega actualmente rumbo a Punta Delgada, nas illas Azores, onde desembarcará un dos peritos que supervisou a operación.
A continuación, poñerá rumbo ao porto de Vigo, onde se espera que chegue a comezos da próxima semana.