A Escola de Enfermería fórmase en perspectiva de xénero

Pontevedra
07 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

Este xoves tivo lugar unha conferencia promovida pola Deputación de Pontevedra con motivo da celebración do 8M

Acción formativa en la Escuela de Enfermería de Pontevedra
Acción formativa en la Escuela de Enfermería de Pontevedra / Deputación de Pontevedra

A perspectiva de xénero foi o eixo condutor da conferencia ofrecida este xoves 7 na Escola de Enfermería a pedimento da Deputación de Pontevedra e con motivo da celebración do 8M. A acción formativa correu a cargo da politóloga Priscila Retamozo e abríaa a deputada de Igualdade, Sandra Bastos.

Bastos sinalou a importancia da educación para conseguir unha sociedade equitativa e que sexa unha "educación en igualdade en todas as profesións e ámbitos sociais", lembrando que sectores como a enfermería "sempre estivo moi ligada ás mulleres e desgraciadamente aínda vemos numerosos exemplos de enfermeiras que seguen sufrindo situacións machistas no seu día a día".

Durante a sesión falouse de interseccionalidade, socialización feminina e masculina, de saúde  e sexualidade con perspectiva de xénero e tamén ofreceuse un enfoque para favorecer o seu exercicio profesional eficazmente sen perpetuar estereotipos machistas. Ademais da parte expositiva, a acción formativa incluíu igualmente dinámicas participativas.

Arquivado en